Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Muxía crea unha comisión de seguimento do COVID-19 para establecer as medidas de prevención actualizadas


Aínda que xa se comezaron varios procedementos o pasado viernes, esta mañá tivo lugar a reunión no Consistorio muxián.
O Concello de Muxía creou unha comisión de seguimento do
COVID-19 para establecer as medidas de prevención actualizadas ao contexto, en
constante cambio, que xera a situación de expansión do virus.
Aínda que desde o pasado venres se están a tomar medidas para aunar forzas e
xestionar da mellor forma posible os recursos municipais para frear a pandemia,
esta mañá tivo lugar a reunión no Consistorio muxián, á que acudiron a concelleira
de Cultura, Mónica Vilela; o xefe de Protección Civil, Ramón Barrientos; a concelleira de
Igualdade e Xuventude, Olalla Benlloch; Alejandro Muíño en representación da Policía
Local; o concelleiro de Medio Rural e Parroquias, Javier Romar; Rosana García, a
secretaria municipal e o propio alcalde, Iago Toba.
Protección Civil, os concelleiros de Muxía e o alcalde crearán un grupo de
voluntariado para atender a todas aquelas persoas que pertenzan ao grupo de risco
ou de extrema vulnerabilidade, non poidan acudir aos centros de abastecemento ou
ás farmacias. Ofrecerase este servizo a domicilio, previa solicitude telefónica.
Producirase a reorganización dos distintos departamentos municipais, adaptándoos
as directrices emitidas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno de España.
Ademais, o alcalde de Muxía reunirase coa Policía Local, xefe de Protección Civil e
Sarxento da Garda Civil para coordinar as vías de comunicación para tratar o
estado de alarma e as repercusións que ten isto para Muxía.
O rexedor muxián estará en contacto constante co director médico dos centos de
saúde da comarca de Fisterra, onde está incluído o Centro Médico de Muxía, para
estar informado dos procedementos que alí se realicen. Pola súa banda, o alcalde
lembra que “só se atenderán nas dependencias municipais os casos de necesaria
urxencia e previa chamada telefónica ao 981 74 20 01. Permanecede nos vosos
fogares; tan só así poderemos frear a expansión do coronavirus. Moito ánimo á
veciñanza, xuntos pecharémoslle as portas ao coronavirus”, sinalaba Toba.

NOTA DE PRENSA CONCELLO DE MUXÍA

DEPARTAMENTO DE PRENSA
CONCELLO DE MUXÍA – TF MÓVIL: 627488849
Destacar, ademáis, que está pendente unha reunión do grupo de goberno cos
grupos da oposición para informar das xestións que se farán a nivel municipais nas
vindeiras semanas, así como trasladar e escoitar as iniciativas pertinentes